top of page

Camiñas pídelle á Zona Franca de Vigo que "desatasque as obras do polígono empresarial de Rodeiro"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Considera que os 170.000 metros cadrados, que están sen desenvolver, ofrecen grandes posibilidades “para lanzar ao sector Primario dende unha comarca referente, como o Deza”


Ecos da Comarca/Rodeiro

O candidato socialista á Alcaldía de Rodeiro, José Luís Camiñas, vén de entrevistarse co delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, para buscar alternativas para impulsar opolígono industrial da Devesa, que leva 20 anos funcionando de xeito

informal con só dúas empresas e con case 170.000 metros cadrados de terreos dispoñibles. Unha superficie que, a pesar de estar cualificada como solo industrial no Plan Xeral de Urbanismo está en man de propietarios privados e sen urbanizar. Na xuntanza tamén participou Patricia Hermida, integrante da lista do PSdeG-PSOE para as próximas

Eleccións Municipais.


Camiñas e Regades analizaron a situación e coincidiron nas posibilidades estratéxicas dun polígono empresarial que podería xestionarse cun modelo de colaboración público-privada con participación do Concello de Rodeiro, Zona Franca e as persoas propietarias do solo para ofrecer posibilidades de emprendemento ao sector Primario na comarca do Deza.

O delegado da Zona Franca considera perfectamente posible este escenario. Camiñas subliñou que, tras 20 anos de parálise, é o momento de apostar forte, indo á raíz das causas do reto demográfico e creando as condicións que fagan posible fixar poboación. “Disto fálase moito, pero faise pouco; así que estou moi agradecido á Zona Franca de Vigo por valorar algo que sería histórico para Rodeiro”. O candidato socialista lamenta a

incapacidade do actual equipo de goberno para levar a cabo un proxecto desta magnitude pois “levan 20 anos cos brazos cruzados e agardando por unha Xunta de Galicia, que nin chegou, nin vai chegar, porque Rodeiro lle importa nada”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O candidato acudiu ao ente estatal na busca da súa experiencia en desenvolver polígonos empresariais que levaban anos atascados, como xa demostrou en Cuntis ou A Cañiza ou quere facer tamén en Poio. “Hai ben poucos meses, en Cuntis e na Cañiza dicían que era imposible e dentro de pouco estarán as máquinas traballando; e a Zona Franca tamén vén de alcanzar un acordo co Concello de Poio para reclamar da Xunta lle traspase os dereitos do polígono que non quere desenvolver en Fragamoreira, en Poio, e que leva 14 anos parado”, afirmou Camiñas.


“Aquí en Rodeiro e nunha comarca referente, como o Deza, hai unha industria asociada ao sector primario que pode atopar grandes posibilidades cun solo empresarial destas características, pero hai que ter o talento de facelo realidade levándoo dos planos do Plan Xeral ao terreo”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page