top of page

Camiñas: "En tan só 2 anos e 3 meses de goberno, xa se investiu máis de 2 millóns de euros en Rodeiro"

"Unha cifra moi superior á que destinou o PP en tres mandatos completos baixo a dirección de Luís López e Cati Somoza", recalca o alcalde socialista de Camba


Ecos da Comarca/Rodeiro

O Concello de Rodeiro lembra que, "en tan só dous anos e tres meses de goberno, xa se teñen investido máis de 2 millóns de euros en melloras para o municipio, con investimentos que lle corresponden por existir un concello da Deputación, Xunta e fondos propios, unha cifra moi superior á que destinou o Partido Popular en tres mandatos completos baixo a dirección de Luís López e Cati Somoza", tal e como recalca o alcalde socialista, José Luis Camiñas.

José Luis Camiñas, alcalde de Rodeiro.
José Luis Camiñas, alcalde de Rodeiro.

Esta diferenza, apunta, "deixa en evidencia o abandono e desfeita herdada tras doce anos de desgoberno do PP, nos que o rural quedou practicamente á marxe das inversións. Pola contra, o actual goberno puxo o foco desde o primeiro día en recuperar esa débeda histórica coas parroquias e cos veciños, atendendo ás necesidades reais de cada lugar".


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Fronte á moción presentada polo PP solicitando a reparación de 18 viais, o alcalde recorda que "a prioridade non pode ser unha listaxe illada, senón un plan serio, rigoroso e sostido no tempo, que multiplique por tres ese número de actuacións, como xa se vén facendo".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“O noso compromiso é claro: seguir investindo no rural, mellorar as infraestruturas en todo o concello e traballar con planificación, non con parches nin mocións de escaparate. A veciñanza de Rodeiro sabe que os feitos falan máis ca as palabras, e os feitos son máis de dous millóns de euros investidos en pouco máis de dous anos, fronte ao abandono dos 12 anteriores”, subliña o rexedor.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page