top of page
Perruquería Marisa.gif

Camiñas dimitiu hoxe como secretario de Xuncoga, cargo que ocupou no último ano

Ecos da Comarca/Rodeiro

José Luis Camiñas anunciou este xoves a súa dimesión de Xuncoga nunha reunión celebrada hoxe mesmo. Así sinala que deixa a Secretaría desta cooperativa, cargo que ocupou o último ano.

Cabe lembrar que o rodeirense ocupou a presidencia desta entidade en dúas ocasións nos últimos 13 anos e tamén asumiu outros cargos na mesa. O motivo da súa dimisión? Que Camiñas non quere verse con ningún cargo orgánico en Xuncoga para que nadie pense que está utilizando o seu cargo como rendimiento político, xa que é o candidato socialista á Alcaldía de Rodeiro.


Á hora de ser candidato á Alcaldía de Rodeiro sinala que nunca ía ter ningún cargo en ninguha cooperativa como fixo tamén deixando o seu posto na cooperativa O Rodo, dado que non quere que se vincule o seu cargo coa política.

Outra causa da súa dimisión é que Suso Montes é o presidente da actual cooperativa o Rodo e "é un sen sentido dentro de O Rodo ter unha bicefalia", sinala e agradece aos compañeiros de O Rodo e de Xuncoga o apoio mostrado tanto tempo.



99 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page