top of page

Camiñas chama a unha "mobilización masiva para sacar adiante un novo proxecto para Rodeiro"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O candidato socialista comprométese "a reverter o abandono dos camiños, a reorientar “o mausoleo” do edificio polivalente e a apostar polo patrimonio histórico e cultural"


Ecos da Comarca/Rodeiro

José Luís Camiñas pechou a campaña electoral no Mesón A Roda en Rodeiro, nunha carpa ateigada de xente do municipio.“Nós non necesitamos traer autobuses de fóra para encher”, comentaba o candidato socialista á Alcaldía, que contou co apoio do secretario xeral provincial, David Regades.


“Este apoio tense que ver o domingo, canto máis xente vote máis doado será sacar adiante Rodeiro os próximos catro anos e construír todos xuntos/as o noso futuro”.


Camiñas comprometeuse a “arranxar a desfeita que o PP fixo en Rodeiro estes últimos catro anos, desentendéndose de cuestións tan básicas como o mantemento das estradas, abandonando aos nosos maiores cun servizo de axuda á domicilio totalmente insuficiente, negándolle as máis mínima demanda a calquera veciño e deixando, coa súa actitude de “caladiños” sen atreverse a alzala voz, que a nosa Sanidade se deteriorase ata límites

insospeitados”. “Deixaron a Rodeiro á súa sorte e agora teñen a desvergoña de pedirnos o voto”, lamentou.

Co seu programa electoral na man, volveu insistir na necesidade de reconverter o “mausoleo”, é dicir, o centro polivalente que o actual Goberno non foi quen de rematar nun Centro de Día e un espazo para a convivencia veciñal. Ademais, propón a recuperación do patrimonio cultural rodeirense con actuacións como a recuperación da tulla de Fafián.


“Pero o primeiro de todo é aprobar os Orzamentos” insistiu. O candidato socialista, que contou tamén co apoio do eurodeputado Nicolás González Casares, e do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto González, afeou a incapacidade “deste goberno esgotado do PP” para sacar adiante uns presupostos, un desleixo que “padecen os veciños e veciñas todos os días, pois esta incapacidade fai que non sexa posible acceder a subvencións ou

que se amplíen servizos totalmente básicos”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Regades pola súa parte non ten dúbida "de que Camiñas será o próximo alcalde de Rodeiro" e chama ás urnas a toda a veciñanza "para que consiga unha maioría ampla que o permita gobernar". "Este pobo merece que as Administracións fixémonos nel e que poñamos os investimentos que necesita enriba da mesa. José Luís é a persoa que vai petar en tódalas portas ata conseguilo”


Nicolás González e Roberto González puxeron en valor a capacidade de xestión de Camiñas, “de sobra demostrada nos seus anos á fronte dunha das máis grandes cooperativas galegas”, comentaban. “Camiñas estivo sempre en contacto comigo nese tempo para poder captar fondos europeos, mentres tanto o Concello perdía convocatoria tras convocatoria”, resumía o eurodeputado. “Camiñas sempre puxo o interese colectivo por enriba do persoal; iso é algo fundamental para un alcalde”, finalizou o secretario xeral de Unións Agrarias.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page