top of page

‘Camiñantes e cantantes’ chega o 10 de xullo ata O Pino con Pili Pampín, Lucía Pérez e La Ocaband

A verbena celebrarase no campo da festa de Arca a partir das 20.30 horas, presentada por Manuel Manquiña e Pepo Suevos


Laura Moure/O Pino

O programa de Anove TV Camiñantes e cantantes chegará o domingo 10 de xullo ao municipio do Pino cunha verbena a partir das 20.30 horas no campo da festa de Arca. Trátase dun formato musical protagonizado por La Ocaband, que nesta ocasión contará co acompañamento de Pili Pampín e Lucía Pérez, que está inspirado no Camiño de Santiago. Trátase dun formato novidoso que aborda unha importante parte da cultura galega a través da música e o humor, que neste caso estará en mans de Manuel Manquiña e Pepo Suevos, exercendo de mestres de cerimonias.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, a concelleira de cultura, Eva Varela, e o produtor Carlos Alleres, presentaron o evento en rolda de prensa no centro sociocultural Luis Seoane. O musical Camiñantes e cantantes recolle todos os temas que foron e son interpretados nas verbenas de toda Galicia, explicou Carlos Alleres.


Tanto a concelleira como o alcalde referendaron o seu compromiso co programa e a súa importancia, xa que combina o formato musical coa divulgación cultural. “É fundamental apoiar estes formatos”, declarou o alcalde, porque “a conservación do noso patrimonio cultural é unha obriga de cara ás xeracións máis novas”. Taboada Vigo incidiu na necesidade de manter vivas as tradicións máis enxebres da comarca, e aclarou que a verbena é unha parte moi importante da festa galega, e agradeceu o esforzo do produtor en retratala neste espectáculo.

Ao rematar a rolda de prensa o equipo de Camiñantes e cantantes dirixiuse ata o campo da festa de Arca para adiantar os preparativos do programa, que se poderá ver en directo a través de Anove TV (cóllese no canal 9 da TDT) ou a través da retransmisión en estreaming dende o canal de Youtube de Anove TV (neste enlace).

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page