top of page

Calvo entrega o lote de libros sorteado polo Día das Letras Galegas a súa gañadora, Sonia Carballal

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Agolada

A gañadora do lote de seis libros sorteado polo Concello de Agolada, enmarcado na programación cultural do Día das Letras Galegas, recolleu este martes o premio no Salón de Plenos. O alcalde do municipio, Luis Calvo, foi o encargado de entregarllo a Sonia Carballal. Cabe mencionar que o sorteo se fixo o 21 de maio a través dun vídeo no perfil de Facebook do Concello.


Sortearonse seis libros de distintos estilos e para diferentes idades:

1. Darío a diario de Xela Arias.

2. Mini-libros de Kalandraka.

3. A praia dos afogados de Domingo Villar.

4. Asústate Merche! de Fina Casalderrey.

5. O Bicheiro (número 1) de Davila.

6. Herba Moura de Teresa Moure.

Sonia Carballal e Luis Calvo.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page