top of page

Cae unha avioneta en Monforte con dúas persoas a bordo

Ecos da Comarca/Xeral

Cae unha avioneta en Monforte con dúas persoas a bordo, tal e como informa o 112 Galicia. O aparello caeu mentres realizaba as manobras de engalaxe. Como consecuencia do impacto, dúas persoas resultaron feridas, que foron evacuadas a distintos centros sanitarios despois de recibiren os primeiros coidados no mesmo lugar do accidente. Así, un dos feridos foi trasladado ao Centro de Saúde da localidade, mentres que o outro ingresou no Hospital de Monforte.

Ambos os dous estaban liberados e accesibles e presentaban lesións de diversa consideración. Igualmente, e como medida preventiva, os bombeiros retiraron o combustible almacenado do depósito da avioneta e quedou preparada para a súa convinte recollida.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Faltaban apenas uns minutos das cinco desta tarde cando o 112 Galicia recibiu a primeira chamada de alerta: un avión ultralixeiro caeu fóra da pista de aterraxe do aeródromo de Monforte. No interior, ían dúas persoas, que saíron polos seus propios medios do aparello e presentaban lesións de diversa consideración.


Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activaron os protocolos correspondentes para que fosen mobilizados os seguintes recursos: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Monforte, o Servizo Aéreo de Rescate do Exército do Aire, Aeroporto de Santiago Rosalía de Castro, Policía Nacional, Policía Autonómica, Guardia Civil, Policía Local y Protección Civil.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enviaron unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, finalmente, os feridos puideron ser evacuados en ambulancia.


Ademais, os Bombeiros de Monforte aseguraron a zona mediante a aplicación de medidas preventivas tales como a retirado total do combustible almacenado na avioneta e a súa preparación para a correcta recollida e tratamento.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page