Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

César Garabatos e Santiago Nieto reaparecen de novo no Xacobeo Rally da Auga

Os do Citroën C3 N5 disputan esta fin de semana o Rally da Auga, segunda cita de la Copa de España de Rallyes de Terra


Laura Moure/Touro

Coa deusa fortuna na súa contra, César Garabatos afronta o Rally da Auga coa intención de sacarse a espiña que ten cravada tras non poder realizar unha carreira durante a tempada sen problemas: “Para o RallyMix de Touro levabamos todo revisado de corrida, pero as carreiras son así de amoladas”, sinala Garabatos. “Esta semana estiven a traballar todos os días no coche, e se non dá problemas, a intención é saír a realizar un bo papel dunha vez por todas, que os nosos patrocinadores creo que o teñen máis que merecido”.

Tras a incursión de María González nos RallyMix galegos, co regreso da Copa de España de Rallyes de Terra é o momento de que “Iago” Nieto voe á dereita do veciño de Touro: “María está a mellorar moito, pero un rallye supón un desafío maior, e con “Iago” sentín moi cómodo na Coruña. Nesta cita é importantísimo ter unhas notas moi claras, pois lembremos que as pasadas son menos que en asfalto, polo que teremos que estar moi ben compenetrados para conseguir un bo resultado”, restalta Garabatos.

Para o Rally da Auga, César Garabatos e Santiago Nieto volverán contar co apoio dos seus diferentes patrocinadores: Cobre San Rafael, que ademais será patrocinador oficial de proba, Talleres González, Vipcar Santiago e Casa Taboada, que se uniu ao equipo no pasado RallyMix da Sidra da Estrada.


Información da proba

O Rally da Auga que pasa polos concellos de Arzúa e Touro conta esta edición con 54 participantes.


HORARIO DO RALI:

https://rallydaauga.com/guiaespectador/horario.html


TRAMOS:

https://rallydaauga.com/guiaespectador/tramos.html


54 PARTICIPANTES

https://www.rallydaauga.com/wp-content/uploads/2022/05/Lista-inscritos-Rally-da-Auga-2022-CERT_aprobada.pdf


TODA A INFORMACIÓN:

https://www.rallydaauga.com/categoria/rally-2022/noticias_2022/




168 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE