Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

César Garabatos e María González regresan ao Campionato Galego de RallyMix na Estrada

Laura Moure/Touro

Os RallyMix están en auxe en Galicia e o veciño de Touro César Garabatos non quere deixar pasar a oportunidade de disputar varias probas neste campionato. Comezará os días 9 e 10 de abril na Estrada e a intención é de disputar máis probas ao longo da tempada. Volverá competir xunto a María González.

“A terra encántame e os rallymix son unha modalidade que me parece moi interesante. A María encantoulle a experiencia do ano pasado e este ano temos a intención de correr varias probas xuntos, para seguir coa nosa adaptación e así rodar cada vez máis rápido”.


A competencia para os do Citroën C3N5 será dura, con varios R5 e N5 rexistrados na cita pontevedresa. Aínda así, tanto Garabatos como González esperan poder realizar un bo papel. Isto contábanos a copiloto de Boqueixón sobre as súas expectativas para a proba estradense: “Este ano estamos a preparar as carreiras con máis detemento. Para A Estrada espérase choiva, e pese que a César non lle gusta correr en mollado creo que poderemos estar preto dos tempos de cabeza. O máis importante é non cometer un erro para non descolgarnos da loita cos equipos punteiros”.

168 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE