Ecos da Comarca/Dozón/Actualización 00:35 horas
No municipio de Dozón buscan a unha anciá que despareceu este xoves da súa casa de A Lama, na parroquia de Saa. Sobre as sete da tarde, o 112 Galicia mobilizou a voluntarios de Protección Civil de municipios veciños, como os de Lalín e Agolada. Mentres, o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Lalín ás oito da tarde non fora activado.
Sobre as oito da tarde, ECOS DA COMARCA, tras coñecer este suceso por fontes oficiais, púxose en contacto co Concello, pero desde aquí descoñecían a nova. Foi pasadas ás 21:30 horas cando confirmaron que efectivamente lles acababan de informar sobre a desaparición. Desde aquí indicaron que se trata dunha señora maior, que padece algunha demencia, e que desapareceu sobre ás catro da tarde. En concreto, máis tarde, coñeceuse que ten 78 anos e chámase Elvita.
"Hai que atopala antes da noite porque se refresca ao ser unha persoa maior non o vai pasar nada ben", indican dende o Concello.
Nas tarefas de búsqueda traballan a esta hora axentes da Garda Civil, voluntarios de Protección Civil dos municipios citados anteriormente; persoal de Axega e agora mesmo (21:45 horas) o Concello mobilizou tamén a un grupo de operarios da brigada municipal e o alcalde, Adolfo Campos, estase desprazando ata o lugar. Tamén se sumaron drones da Axega con cámaras termográficas e a unidade canina de rastrexo.
ACTUALIZACIÓN
Xa é cerca da medianoite e a búsqueda continúa. Sobre todo, o operativo estase centrando na zona de Pena de Francia, porque a anciá vive na Lama, pero é natural de Vilariño Frío, do municipio de San Cristivo de Cea, e este monte atópase entre ambos sitios.
NOVA ACTUALIZACIÓN
Pasados uns minutos da medianoite o alcalde do municipio informou que a búsqueda non tivo éxito de momento e que se manterá de noite e se a veciña non aparece, pola mañá incorporaranse máis recursos se fose necesario.
Comentarios