top of page

Buscan a José Antonio Carro Lata, veciño de Frades que está desaparecido dende onte, 22 de abril

Ecos da Comarca/Xeral

O equipo de Drons da AXEGA súmase á busca dun sexaxenario en Frades. Está desaparecido desde o mediodía de onte, martes 22 de abril. Tal e como informa o propio Concello de Frades a través das súas redes trátase de José Antonio Carro Lata.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Solicitamos a colaboración da veciñanza para localizar a José Antonio Carro Lata, veciño de Papucín de 69 anos, desaparecido desde onte, martes, cando saíu a pasear da súa casa sobre as 12:00 do mediodía polo concello de Frades", indica o Concello.

Fonte: Concello de Frades.
Fonte: Concello de Frades.

Ademais dá o seguintes datos do desaparecido:

- Altura: 1,70 m

- Complexión: Forte

- Vestimenta: Pantalón gris, camisa de cadros finos marrón e amarela, chaqueta azul escuro coas letras DAF e calzaba zocos.


O último lugar onde se viu, como indica o Concello, foi na parroquia de Olas, no concello de Mesía, arredor das 17:00 horas de onte. " Se tes información: por favor chamar ao 112. Agradecemos a vosa axuda para localizar a José Antonio e garantir a súa seguridade", subliña o ente local.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) sumouse hoxe ao operativo de busca dun home desaparecido no municipio de Frades, logo de que o 112 Galicia recibise o aviso por parte da Garda Civil, arredor das 9:30 horas desta mañá. Ademais da Garda Civil, tamén está a intervir na procura do desaparecido a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Frades, aínda que con resultado negativo polo de agora.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page