top of page

Busca un coche de cor branca que lle deu onte un golpe ao seu vehículo no concello de Santiso

Ecos da Comarca/Santiso

O coche que foi golpeado en Santiso.

Unha veciña do municipio de Santiso busca ao responsable que lle deu un golpe no seu coche, estacionado neste concello e que se foi sen sequera deixar unha nota, algo que por desgraza, cada vez é máis habitual. En ECOS DA COMARCA xa publicamos máis dunha noticia por feitos similares.

"Onte (domingo) sobre as oito da tarde, cando tiña o coche aparcado enfronte da casa de meus avós para metelo no garaxe, pasou un coche de cor branca e deume un golpe. Isto ocurreu en Agro do Chao, diante da panadería. O condutor deuse a fuga sen deixar ningún tipo de aviso, por suposto. Agradecería que se alguén viu algo ou sabe algo dun coche cun golpe que poida encaixar co do meu se puxera en contacto conmigo no 638 856 721", sinala a afectada a través das redes sociais e agradece que se difunda para intentar dar co autor.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page