top of page

Busca a un vehículo verde que lle deu un golpe ao seu coche en Melide o pasado sábado

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este non foi o único incidente durante o San Roque xa que a un cruceño volcáronlle o coche e noutro tamén provocaron desperfectos


Laura Moure/Melide

Saír de festa e dedicarse a facer o mal. Ese debe ser o plan de alguén que non lle importa provocarlle danos aos demais. Hai un días un cruceño, tal e como publicamos en Ecos da Comarca, foi ao San Roque a Melide e que cando ía marchar para a casa atopouse co seu coche volcado. Tras esta noticia unha melidense púxose en contacto con nós para comentarnos que ela tamén sufríu danos no seu vehículo.

O vehículo afectado da melidense.
"O único que sei é que unha veciña escoitou coma unha discursión ás 7:30 horas e despois empezou a sentir un montón de ruído de coches, frenazos... e oíu un golpe, pero é unha señora maior e non se levantou da cama a mirar", apunta a melidense e indica que foi un vehículo de cor verde.
"O peor é que dende esas non podo utilizar o coche porque me pon todo o tempo que estou circulando coa porta aberta. E de feito, ábrese ao que andas un pouco. E por riba están a maioría dos talleres pechados, teño que pedir coche para ir ao traballo, molestando a xente polo menos así ata setembro".

Ela é consciente de que calquera pode dar un golpe, pero lembra que para iso temos os seguros.

"Hai un mito masificado de non querer cubrir o parte de seguros porque me vai subir o seguro para o ano e iso é mentira", recalca.

Este non foi o único incidente nos vehículos durante o San Roque. Ademais do coche volcado, o venres un condutor tamén se atopou con desperfectos no seu.

"Arricarónlle as insignias das rodas e os intermitentes co cable e todo" recalca o amigo de outro afectado por estas falcatruadas.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page