top of page

Bruxelas admite a trámite a petición da Plataforma Ulloa Viva sobre a macrocelulosa de Altri-Greenalia

Ulloa Viva rexistrou en setembro na Comisión de Peticións da UE un informe dos incumprimentos do Proxecto Gama


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva vén de recibir unha carta do presidente da Comisión de Peticións da UE, Bogdan Rzońca, na que nos comunica que a Comisión de Peticións “examinou súa petición e declarouna admisible, xa que o asunto que vostede plantexa entra dentro dos ámbitos de actuación da Unión Europea”. Bogdan Rzońca informa tamén á Plataforma Ulloa Viva de que se ten falado sobre o proxecto de Altri recentemente no Parlamento Europeo, pola presentación de diversas preguntas a respecto de distintos grupos.

“Finalizado o exame da petición”, segundo sinala o presidente desta Comisión, decidiron polo tanto dar trámite á mesma. A Plataforma Ulloa Viva presentou o pasado mes de setembro esta petición, adxuntando un completo informe sobre o proxecto da macrocelulosa de Altri-Greenalia e os incumprimentos de varias directivas comunitarias.


A Plataforma Ulloa Viva está “moi satisfeita e esperanzada” por esta nova, logo de “termos que ter escoitado reiteradamente por parte da empresa que Europa non ve incumprimentos no seu proxecto”, cando na realidade é que até agora na Comisión Europea non hai expediente algún sobre o proxecto da macrocelulosa de Altri en

Palas de Rei. Desde Ulloa Viva aseguran que coa aceptación da petición presentada pola plataforma “chegará o tema a Bruxelas e rematará a demagoxia intencionada coa que a empresa fala da normativa comunitaria”.

Logo da admisión a trámite, a Comisión de Peticións decidirá agora as vías para dar cauce á petición da Plataforma, do que irá informando puntualmente a Ulloa Viva. A Comisión pode neste caso pedir a apertura dunha investigación, transmitir a petición da Plataforma a outras comisións do Parlamento Europeo e a autoridades nacionais e outros organismos, preparar un informe e facer unha visita á zona, propoñer á Plataforma unha vía de recurso ou ben someter a debate a petición da Plataforma no seo da Comisión de Peticións nunha sesión á que podería asistir unha representación de Ulloa Viva.


Ademais logo de ser admitida a trámite, a petición da Plataforma Ulloa Viva estará publicada no Portal de Peticións e poderá ter adhesións xa que se abre un proceso

no que calquera organización pode adxuntar informes que aporten máis información a respecto deste tema para o seu posterior tratamento no seo das institucións comunitarias.



Publicidade  


Como colectivos integrado por veciñas e veciños afectados pola posible instalación dunha macrocelulosa en Palas de Rei, a Plataforma Ulloa Viva decidiu presentar esta petición para que en distintas instancias da UE coñezan e analicen cuestións relativas ao Proxecto Gama que chocan frontalmente con boa parte da normativa da UE en materia medioambiental, tendo en conta ademais que Altri-Greenalia pretende financiar o 25% do seu proxecto con fondos públicos do programa Next Generation da UE.


Informe técnico

O informe presentado pola Plataforma Ulloa Viva para sustentar a iniciativa presentada diante da Comisión de Peticións, elaborado en colaboración con expertos e técnicos en distintos eidos medioambientais e dereito comunitario, argumenta con contundencia que o Proxecto Gama “incumpre” os principios do DNSH (Do No Significant Harm) unha condición definida pola Comisión Europea que obriga a realizar unha autoavaliación que asegure que o proxecto non afecta negativamente a un ou varios dos 6 obxectivos medioambientais definidos no Regulamento 852/2020 de Mitigación do Cambio Climático.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O informe presentado pola Plataforma Ulloa Viva diante da Comisión de Peticións argumenta, cos datos do proxecto da propia empresa, que o proxecto de Altri “non cumpre”, especificando todas as directivas europeas que cos datos do proxecto de a

macrocelulosa incumpre, tanto no espazo previsto para a instalación da planta coma

en todos os territorios afectados e tendo en conta os impactos socioeconómicos,

territoriais, ambientais e produtivos.


A documentación presentada por Ulloa Viva en Bruxelas é admitida agora a trámite “evidencia que Altri non é unha industria que presente posibilidades de instalarse en

Palas de Rei”. Os seis obxectivos DNSH son a mitigación do cambio climático, a adaptación ao mesmo, o uso sostible e a protección dos recursos hídricos e mariños, a economía circular, a prevención e control da contaminación e a protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page