O pregoeiro será Marcial Mouzo e o evento estará presentado pola humorista Lucía Veiga
Laura Moure/Vila de Cruces
A tan só un mes para a celebración da que será a XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral, o goberno de Vila de Cruces presentou este venres o cartel coa toda a programación, que inclúe iniciativas para todos os gustos e idades.

O sábado 28 de maio ás 21:30 horas dará comezo a edición da Festa do Galo de Curral número vinte e oito co espectáculo musical Gallaecia.
O domingo 29 ás 10:30 horas arrancará un pasacalle cos grupos folclóricos o Arco de Merza e Brincadeira de Carbia. Ás 11:30 horas poderá verse a exposición de vehículos SEAT 600, da man da presentadora e humorista Lucía Veiga que dará paso á actuación ás 12:00 de Broken Peach e tamén ao pregoeiro deste ano Marcial Mouzo, cun peche espectacular da man de Azúcar Moreno a partir das 13:30 horas.
Xa na sesión de tarde será a quenda do XXVIII Festival de Bandas de Galicia, no que nesta ocasión, poñerán o ritmo a Unión Musical Ponteledesma e as bandas de Sanxenxo e a de Lalín.
Por suposto, poderase degustar o produto estrela como é de costume, unha degustación que, segundo o alcalde Luís Taboada, "fará que se disparen as vendas deste manxar que é o Galo de Curral de Vila de Cruces".
Comments