Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Brocos acollerá o día 17 un curso para obter a licenza náutica e unha xornada de deporte adaptado

Os interesados en asistir á acción formativa deben anotarse antes do 10 de maio


Laura Moure/Agolada

O Agolada Clube Náutico, tal e como xa avanzara hai unhas semanas, levará a cabo o 17 de maio unha xornada de deporte adaptado e tamén un curso para obter a licenza náutica na parroquia agoladesa de Brocos.


Tal e como informa a Real Federación Galega de Motonáutica, coa entrada en vigor do Real Decreto 875/2014 do 10 de outubro polo que se regula as titulacións náuticas para o goberno de embarcacións de recreo, aparece unha nova titulación que se denomina licencia de navegación, cuxas atribucións son: goberno de embarcacións de recreo de ata seis metros de eslora e unha potencia de motor adecuada á mesma, segundo o seu fabricante; navegación diúrna ata dúas millas de calquera dirección do porto, marina ou lugar de abrigo, así como o manexo de motos acuáticas de calquera potencia.

Outra xornada celebrada en Brocos.

Os poseedores da Autorización Federativa Titulín poden decidir conservala coas atribucións que tiñan ata agora ou cancelala pola nova licencia de navegación (coa realización de catro horas de prácticas).


Os interesados poden obter máis información no teléfono 986 222 440, no correo electrónico info@fgmotonautica.org ou no perfil de Facebook de Agolada Clube Náutico.


E as persoas que queiran asistir a este curso en Agolada deben anotarse antes do 10 de maio a través dos teléfonos 625 242 884 ou 666 776 972. E deberán presentar unha fotografía, unha fotocopia do DNI; un recoñecemento psicofísico no que se faga constar que reúne as condicións psicofísicas requeridas para a obtención para o goberno de embarcacións de recreo e o resgardo de haber ingresado na c/c número: ES66 0182 5636 9902 0150 2608 do banco BBVA a nome da FEDERACIÓN GALEGA DE MOTONÁUTICA a cantidade de 150 euros.



314 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE