top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Brocos acollerá este sábado, 17 de abril, unha xornada técnica de ski naútico

A xornada estará impartida por Silvia Pequeño, campioa de España, e está organizada polo Agolada Clube Náutico


Laura Moure/Agolada

O Agolada Clube Náutico estrea ano cunha xornada técnica de ski náutico na modalidade de Slalom. A cita será este sábado, 17 de abril, desde ás nove da mañá, e terá como esceario o embalse de Portodemouros, na parroquia agoladesa de Brocos. Estará impartida pola viguesa Silvia Pequeño.


Pequeño foi campiona de España catro anos seguidos desde o 2015 ao 2018. Concretamente, no 2015 na categoría Sub 17 e nos restantes, na Sub 21. Ademais, foi Subcampiona de España 2019 Open e quedou terceira nesta mesma categoría en 2020. Ademais, todos estes anos foi campiona galega tamén.


O club xa ten en mente novas actividades, pero falta por concretar datas. Entre estas figuran un curso para obter a licenza náutica e unha xornada de deporte adaptado para persoas con discapacidade.

Silvia Pequeño.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page