top of page

"Bravas" de Isabel Risco pecha a programación do Día Internacional das Mulleres Traballadoras en Arzúa

Será o sábado, 29 de marzo

Ecos da Comarca/Arzúa

O Concello de Arzúa pecha a súa programación do Día Internacional das Mulleres Traballadoras 2025 co espectáculo teatral "Bravas" de Isabel Risco, que terá lugar o vindeiro 29 de marzo ás 19:00 horas na Capela da Madanela.

"Bravas" é unha obra que celebra a forza e a loita das mulleres, combinando humor e reflexión sobre a súa rebeldía, valentía e ansias de xustiza social. A actriz Isabel Risco protagoniza esta produción, que se mergulla nas historias de mulleres que constrúen o seu futuro con coraxe e dignidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Lucía López, concelleira de Igualdade de Arzúa, destaca a importancia de eventos como este para fomentar a conciencia colectiva: "Quixemos achegar o feminismo tamén a través das artes escénicas, pois entendemos que é unha ferramenta con moito potencial para que todas e todos tomemos conciencia das desigualdades. E que mellor que traer unha actriz de luxo como Isabel Risco, sempre comprometida coas reivindicacións feministas da sociedade galega."


Este espectáculo está dirixido ao público adulto e a entrada é gratuita.





Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page