top of page

Bosques Terapéuticos chega de novo este domingo á Fervenza do Toxa, en Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O programa da Deputación de Pontevedra permitirá desfrutar dunha experiencia baseada na terapia xaponesa “shinrin yoku”, mesturando natureza, cultura, historia e saúde


Laura Moure/Silleda

O programa “Bosques terapéuticos”, co que a Deputación de Pontevedra promove actividades baseadas na terapia oriental shinrin yoku ou “baño de bosque”, chega esta fin de semana aos concellos de Cerdedo-Cotobade e Silleda con dúas novas rutas, nas que se mestura natureza, cultura, historia e saúde. O sábado 29 de xullo realizarase un percorrido pola contorna da ponte colgante do Lérez e o domingo 30 de xullo, pola fervenza do Toxa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O itinerario da ponte colgante do Lérez, de 2,5 quilómetros de lonxitude, desenvólvese por un espazo natural e histórico cheo de lugares nos que gozar dos baños de bosque. Ademais, este posúe unha das concentracións de petróglifos da Idade de Bronce máis asombrosa de Europa. O espazo natural conta con coñecidos coutos pesqueiros do río e algúns afluentes coma o Almofrei. Ademais, neste val, incluído na Rede Natura 2000, existen numerosas áreas recreativas fluviais e traxectos por paisaxes de pontes e muíños.


Por outra banda, a ruta pola fervenza do Toxa, que pasa pola parroquia de Pazos, en Silleda, amosa unha contorna de gran beleza na que a vexetación, a rocha e a auga se funden para acadar unha obra mestra da natureza. Os 30 metros de caída do río Toxa complétase cun bosque de carballos, castiñeiros, sobreiras e decenas de especies máis.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O resto de destinos

Ao longo do mes de agosto terán lugar as últimas rutas deste ano do programa “Bosques terapéuticos”, todas elas con prazas esgotadas. Comezarán o día 5 de agosto pola Ruta da Pedra e da Auga e continuarán o 6 pola illa de Tambo, o 12 polo lago Castiñeiras, o 13 na carballeira de San Xusto, o 19 polo río Eifonso e, para finalizar, o domingo 20 de agosto, pola ponte colgante do Lérez.

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page