top of page

Bosques terapéuticos abre o prazo para 8 baños de bosque promovidos pola Deputación de Pontevedra

Serán en xuño e das comarcas un destes terá lugar pola Fervenza do Toxa, en Silleda


Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra abriu esta mañá o prazo para participar nos oito “baños de bosque” que organizará no mes de xuño. As persoas interesadas en gozar dos beneficios dos “Bosques Terapéuticos” e desfrutar dos espazos naturais da provincia poden xa formalizar a súa solicitude na páxina web da Deputación www.depo.gal

O vindeiro mes os percorridos terán lugar entre o 3 e o 25 de xuño e espallaranse pola Carballeira de San Xusto (Cerdedo-Cotobade), a Fervenza do Toxa (Silleda), a Ruta da Pedra e da Auga (Meis), pola contorna da Ponte Colgante do Lérez (Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro), o Lago de Castiñeiras (Vilaboa-Marín), o Río Eifonso (Vigo) e a Carballeira da Illa de Tambo (Poio).


O día 3 de xuño os “Bosques Terapéuticos” chegarán ata a Carballeira de San Xusto, ata onde se desprazarán tamén o día 18. O 4 de xuño o programa continuará na Fervenza da Toxa e o día 10 pola Ruta da Pedra e da Auga. O domingo 11 de xuño recalará na contorna da Ponte Colgante do Lérez, o 17 no Lago Castiñeiras, o 24 no Río Eifonso e, finalmente, rematará a programación do mes de xuño o día 25 na carballeira da Illa de Tambo. Para cada un dos percorridos ofértanse 15 prazas, tendo en conta as especiais condicións de tranquilidade e respecto á natureza que se necesitan para o desenvolvemento da actividade. Por iso as visitas, destinadas a público xeral (os e as menores deberán ir acompañados) e cunha duración de entre hora e media e 2 horas, comezarán ás 10 horas para a procura de tranquilidade e conexión coa natureza. Ademais as persoas participantes deberán gardar as normas de silencio e de respecto ao grupo, á actividade e ao espazo, indicadas pola persoa guía.

Bosques Terapéuticos” continuarán en xullo con tres rutas pola Fervenza do Toxa os días 1, 16 e 30; dúas pola Illa de Tambo (2 e 22); e unha no Lago de Castiñeiras (día 8); tamén pola Carballeira de San Xusto (día 9), o Río Eifonso (día 15), a Ruta da Pedra e da Auga (día 23) e o Ponte Colgante do Lérez (29). O programa rematará en agosto na Ruta da Pedra e da Auga o día 5; na Illa de Tambo o 6; no Lago de Castiñeiras o día 12; na carballeira de San Xusto o día 13; no Río Eifonso o día 19 e no Ponte Colgante do Lérez o día 20.




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page