Ecos da Comarca/Santiso
A Asociación de Mulleres Rurais de Santiso (Amurusa) compartiu onte nas súas redes sociais esta fotografía reivindicativa para demandar o servizo de pediatría e matrona dunha vez por todas no centro de saúde de Santiso. Eses bonecos ás portas do ambulatorio demandan este servizo tan importante e necesario tanto nas cidades coma no rural.
Os concellos rurais están sufrindo grandes recortes na Sanidade. Que vos parece esta iniciativa?
Comentários