Boneca, unha vaca de Rodeiro, é a Miss Vaca 2025 do programa Luar
- ecosdacomarca
- 30 jun
- 1 Min. de lectura
Pertence á explotación de Tamara Sobrado
Ecos da Comarca/Rodeiro
O pasado venres disputouse no programa Luar da Televisión de Galicia a elección de Miss Vaca 2025, na que participaron dúas vacas das comarcas e alzouse co título Boneca, a vaca de Rodeiro, da explotación de Tamara Sobrado.

"Tamara, unha moza valente que decidiu regresar dende A Coruña para continuar con paixón e entrega a tradición gandeira dos seus avós e levou tamén un premio de 3.000 euros grazas ao seu traballo e dedicación. Este recoñecemento enche de orgullo ao Concello de Rodeiro, pois é a segunda vez que Rodeiro acada o título de Miss Vaca, tras o éxito anterior de Bruno López", sinalou o alcalde de Camba, José Luis Camiñas.
Publicidade
"Dende o Concello de Rodeiro queremos felicitar a Tamara Sobrado polo seu compromiso co rural e este merecido premio, e tamén a Boneca, que xa forma parte da historia gandeira de Galicia! Rodeiro é terra de paixón polo campo, polo gando e pola xente que aposta por quedarse", engade.
Publicidade
Cabe mencionar que Redonda, a candidata da provincia da Coruña, é de Toques.
Comments