top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Bolsitas de plástico en los mocasines

Antón Branco Vilariño, veciño de Lalín, escribe un artigo de opinión sobre o que, segundo el, é Lalín hoxe


Antón Branco Vilariño/Lalín


Artigo de opinión

Compartimos en ECOS DA COMARCA este artigo de opinión que nos enviou Antón Branco Vilariño, veciño de Lalín, sobre o que, segundo el, é Lalín hoxe.

Bolsitas de plástico en los mocasines


"Sabe o que é o neorruralismo? Son esa xente que pretende controlar o rural pero que viven na parte urbana". Estas foron as palabras que lle adicou o alcalde, José Crespo, á concelleira do BNG, Ariadna Fernández, no pleno de Lalín do 26 de abril, cando se discutía unha moción do PP sobre a polémica creada arredor do rexistro dos galiñeiros.


Publicidade

Moita xente, ao ler estas palabras, e seguramente, ao ver o vídeo completo estará moi de acordo co que di o alcade. Visualizará o estereotipo de persoa de cidade, caricaturizada no termo "urbanita", que chega a unha aldea e que non se adapta ás dinámicas desta, forzando, nalgúns casos, cambios estruturais que non son ben recibidos. Nestas categorizacións, creo, fálase moito máis do andamiaxe moral da persoa que as di que no que nos trata de relatar e xoga coa sobrerrepresentación de fenómenos que pouco se dan e moito se contan.


"No regreses, no pienses en nosotros, no telefonees, no escribas, no te dejes engañar por la nostalgia [...] Cada uno de nosotros tiene una estrella que ha de seguir. Márchate, esta tierra está maldita!".Estas son as palabras de despedida que lle di Alfredo, o entrañable proxeccionista do Cinema Paradiso, a Totó, cando este está na estación de tren a punto de marchar da vila.


Agora tamén, calquera que vira a película de Giuseppe Tornatore recordará a variedade de

emocións que nos deixa durante esas dúas horas de cine con maiúsculas, mais eu quédome cunha que me ven ao pelo: a nostalxia. Quenes viven envoltos por este estado de ánimo duradeiro habitan os tempos de antes, imaxinan que o que virá debe ser un revival do que foi ou debe conter moito do pasado. Vivir na infancia, nos tempos felices, no soño e na fantasía de que a vida é plena, é un peso que nos impide avanzar porque, tarde ou cedo, nos teremos que enfrontar a cambios, teremos que aceptar concesións e, o máis probable, é que nos teñamos que adaptar a un novo mundo.


Publicidade

Sempre cando se interpela a alguén co termo "urbanita" penso que a persoa que o usa vive nesa nostalxia ou fai uso dela para levarnos a eses tempos idílicos onde os tomates sabían a tomates. Hoxe Lalín non é a aldea que era hai 50 anos. Hai quen quere levarnos a pensar que si, quen sempre leva unha vaca nos beizos, quen divide á xente entre desertores do arado e defensores do rural. Eu non vexo tal dicotomía. Turramos todos na mesma dirección. O agro é fundamental para Lalín, pero non é o único que hai, nin o máis importante. Importamos todas as persoas que vivimos en Lalín, as que teñen unha granxa, un obradoiro, as que traballan nos polígonos, diante dun mostrador, as autónomas, as que traballan na hostalería, nunha xestoría, nun gabinete, as avogadas, as arquitectas, as informáticas, as que coidan.... Fáltame moita xente, pero creo que se entende. Lalín será, no futuro, o que teña que ser, mais gustaríame que fose moderna, aberta á diversidade dunha vila que pode ser a referencia do centro de Galicia, unha vila que mire para o agro, con orgullo e non con desexo de división entre bos e malos, e que recoñeza a relevancia actual da industria e dos servizos. Hai que entender que vivimos no século XXI e o futuro pasa por darlle liberdade á xente, unha vinculada a ter boas condicións de vida e tempo libre para empregalo, se quere, naquela búsqueda da estrela á que Alfredo encomendaba a Totó.


Antón Branco Vilariño, veciño de Lalín.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page