top of page

Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Santiso e Toques reciben axuda para as súas instalacións deportivas

O delegado da Xunta visitou o pavillón municipal de O Pino no que se renovarán os vestiarios grazas a unha axuda da Xunta de case 50.000 euros entre o 2023 e 2024


Laura Moure/C. Arzúa/Terra de Melide

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de O Pino, Manuel Taboada, visitou o pavillón municipal no que se vai a levar a cabo a renovación dos vestiarios grazas a un apoio da Xunta de 50.000 euros, este concello tamén recibirá outro apoio de máis de 8.400 euros para a mellora do equipamento deportivo do ximnasio polideportivo de Lameiro.

Trenor informou que esta axuda encádrase dentro dunha nova orde de axudas subvencións da Secretaria Xeral para o Deporte dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable.


Publicidade

En total na comarca de Santiago foron 19 os concellos beneficiados por algunha das dúas liñas -instalacións ou equipamentos- ou con ambas as dúas. Concedéronse 31 axudas, que suman máis de 790.000 euros, entre a primeira e a segunda convocatoria desta orde, que mobilizarán un investimento, en colaboración cos concellos beneficiarios, de máis de 1,3 millóns. Concretamente, recibirán estes apoios os concellos de Ames, Trazo, Val do Dubra, Santiso, Touro, O Pino, Frades, Boimorto, Tordoia, A Baña, Melide, Padrón, Ordes, Santa Comba, Dodro, Brión, Toques, Teo e Vedra.


Trenor informou que o importe das subvencións serán o 80 % do investimento subvencionable, ata o límite de 50.000 euros na Liña I -instalacións- e 10.000 euros na Liña II -material-. A porcentaxe restante será achegada pola entidade beneficiaria. O importe total destas axudas ascende en Galicia a 8 millóns de euros se sumamos as dúas convocatorias que foron necesarias ante a alta demanda por parte dos concellos.


Publicidade

Deste xeito, a Xunta de Galicia sacou neste 2023 tres novas ordes plurianuais para instalacións deportivas. Ademais desta primeira orde para concellos de 8 millóns de euros; tamén cómpre destacar a orde para as instalacións de entidades deportivas cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros (sendo executados neste 2023, 600.000 euros). Con todo, o Goberno galego destina neste 2023 preto de 22 millóns de euros para a construción e mellora de instalacións deportivas, o que representa o 50 % de todo o orzamento histórico da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que neste exercicio acada máis de 44 millóns de euros


0 comentarios

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page