Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Boimorto e Melide contarán este ano con persoal especializado en materia de Igualdade

Este primeiro municipio recibe 11.000 euros e o segundo, 16.666 da Diputación da Coruña para que leven a cabo estas contratacións


Laura Moure/Arzúa/Melide

Dodro, Brión, Tordoia, Boimorto, Trazo, Rois e Melide son os sete concellos da área de Santiago de Compostela que contarán este ano con persoal especializado en materia de Igualdade co financiamento da área de Igualdade da Deputación da Coruña. Son os propios concellos os que realizan a convocatoria de acceso ás prazas e, neste sentido, o esta semana botaron a andar as convocatorias de Boimorto e Trazo coa publicación no Boletín Oficial da Provincia deste mércores 5 de maio. En total, son 93.500 euros o orzamento que a área de Cultura achega aos sete concellos da área de Santiago, con subvencións que van desde os 11.000 até os 16.500 por concello, en función da solicitude realizada e do tipo e duración do contrato previsto. En concreto, Boimorto recibirá 11.000 euros e Melide, 14.666.

As axudas forman parte da convocatoria de subvencións da área de Igualdade da Deputación da Coruña que conta cun orzamento para toda a provincia de 250.000 euros co que, neste ano, 19 concellos de menos de 20.000 habitantes contratarán especialistas para traballar pola igualdade e a loita contra a violencia machista. "Para nós é fundamental que os servizos teñan persoal técnico especializado para traballar pola igualdade e a eliminación da violencia machista e, entre todos e todas, construír unha rede de municipios que colaboren nun obxectivo que ten que comprometer ás institucións e á sociedade enteira", destaca a deputada de Igualdade, María Muíño.


Para a a deputada, "as administracións locais, as máis próximas ás persoas, teñen un papel fundamental á hora de contribuír á eliminación da violencia machista e promover a igualdade e, por iso, é fundamental que exista ese recoñecemento e conten cos medios para facer máis eficaz o seu traballo".


A iniciativa responde ao recollido no I Plan de acción das políticas de igualdade de xénero na provincia da Coruña no que se contemplaba a necesidade de reforzar os servizos coa contratación de persoal especializado.

146 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE