top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Boimorto convoca a praza de xuíz de paz titular


Laura Moure/Boimorto

En cumprimento do establecido na Lei orgánica 6/1985 de un de xullo do Poder Xudicial, o Concello de Boimorto convoca a praza de xuíz/a de paz titular deste Concello, tal e como se publica hoxe no Boletín Oficial da Coruña. O prazo de presentación de solicitudes de participación polos aspirantes será de 15 días hábiles, a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.


O Consistorio de Boimorto.

Os requisitos que deben cumprir os aspirantes a este cargo son ser español e ser maior de idade e non estar incapacitado, segundo o establecido no artigo 303 da Lei orgánica 6/1985 do poder xudicial, nin incorrer nas causas de incompatibilidade e prohibicións establecidas no artigo 389 da antedita lei.


E os documentos que acompañarán á solicitude son:

  1. Certificación de nacemento.

  2. Certificado de antecedentes penais expedida polo rexistro central de penados e rebeldes.

  3. Certificado médico de non padecer enfermidade que o incapacite para o exercicio de cargo de xuíz de paz.

  4. Declaración xurada de non estar incurso en causas de incompatibilidade.

  5. Declaración da profesión desempeñada actualmente.


Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, polo pleno da corporación procederase á elección do cargo de titular do xuíz de paz, entre os solicitantes que reúnan as condicións legalmente establecidas. O nomeamento do xuíz de paz será efectuado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por un período de catro anos.


Exposición pública da aprobación dos padróns fiscais do SAF de febreiro

Por outra banda, o Concello de Boimorto acordou aprobar os padróns fiscais do mes de febreiro de 2021 correspondentes ao prezo público pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para as dúas modalidades: dependencia e libre concorrencia, por importes respectivos de 2.551 euros e 939 euros. Os devanditos padróns expóñense ao público por prazo de 15 días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, publicado hoxe, para que os interesados poidan examinalos no Concello e presentar as reclamacións que consideren convenientes.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page