Boa representación do GTR no VI Trail da Filloa de Zas
No Trail Longo Patricia Varela foi gañadora da Clasificación Feminina e Patricia Montoto logrou o1º posto en Sénior Feminina e 7º da Xeral
Ecos da Comarca/Deza
Unha ampla representación do GTR Galaico Trail Run desprazouse ata os montes de Zas (A Coruña) para participar na VI edición do Trail da Filloa e gozar tanto dunha bonita carreira como dunhas deliciosas filloas á pedra. A proba, organizada pola Asociación Deportiva Monte Brondo dun xeito espectacular, contou con tres distancias: 17k (850+), 27k (1.200+) e 45k (2.000+). No Trail Curto (17k), os/as participantes do clube do Deza foron Belén Riádigos (2º posto na categoría Absoluta Feminina), Salvador González (4º posto veterano), Andrea Vázquez (6ª en Sénior Feminina), Lucía González (8ª Sénior Feminina) e Javier Carballude.

"Tratouse dun percorrido “rompepernas”, con zonas moi embarradas e con desniveis pronunciados. Aínda así, os nosos/as deportistas acadaron uns resultados moi bos e dende o club felicitámolos".

No Trail Longo (27k) os nosos representantes foron Patricia Varela (gañadora da Clasificación Feminina), Gustavo González (3º posto da sénior masculina), Patricia Montoto (1º posto en Sénior Feminina e 7ª da Xeral) e Miguel Carbonell Valin. "Destacan estes deportistas que foi unha carreira moi ben sinalizada, con tramos corredeiros pero con continuas subidas e baixadas, ademais do barro e as cordas no último tramo da carreira que a fixeron especial".
Finalmente, sinala "o noso socio Iván Sangiao acadou a prata na proba de 45k. Foi unha fin de semana máis na que os nosos galaicos acadaron uns resultados moi positivos, e felicitámolos/as por iso, e que os fan soñar para o Campionato de Clubes de Carreiras por
Montaña que se celebrará en Oia o 19 de Marzo".