top of page

Boa participación no Castro Trail de Barbadás, no que o GTR recolleu unha prata

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

O Club lalinense GTR estivo facendo un percorrido por diferentes probas.


A máis importante foi o Castro Trail de Barbadás, que era a terceira carreira da Copa da Xunta de Galicia. Na distancia longa, de 24 km con +1.400 positivos, participaron Belén Riádigos, Camilo Framiñán, Suso González, Fátima Nogueira, Tamara García e Fran Teijeiro.

En canto á distancia curta, 12 km +700, asistiron Fernando Alva e Gustavo González, quen obtivo a prata facendo unha espectacular carreira. Estas probas destacaron por ser moi rápidas e con moi bo ambiente.


O GTR tamén asistiu a Travesía de Xalo, 16,3 km +1.212 positivos, una proba con moi bo

ambiente e na que se mostraron moi satisfeitos polos tempos acadados polo galaico Domingo Agrafojo.


En canto ás probas de asfalto, Margarita Blanco participou na carreira de asfalto de Chantada, na que obtivo unha prata na súa categoría e na que estivo acompañada polo galaico Cristóbal Dafonte, quen acadou o terceiro posto na súa categoría e o 8º absoluto.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Margarita Blanco tamén asistiu a proba de Frades, facendo doblete na pasada fin de semana. Así mesmo, José Manuel Porral, Martín Costoya, Sé Senande, Lucía González, Mario Félez e Nacho Castro participaron na carreira nocturna de Santiago de Compostela, unha proba espectacular pola zona vella da capital galega e que ten un alto número de participantes.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page