top of page

Boa acollida da xornada de portas abertas no Museo e Centro de Interpretación de Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

Onte coincidindo coa feira mensual de Monterroso tivo lugar unha xornada de portas abertas no Museo e Centro de Interpretación 'Montrerroso a vila das feiras'. "Tivo unha moi boa acollida do público na primeira xornada de portas abertas", sinala o Concello.


Publicidade

O alcalde, Eloy Pérez, foi unha das persoas que se achegou ata o museo onde puido comprobar o enorme interese que desperta, non só entre os adultos, senón tamén entre os nenos e nenas.

Publicidade

O Museo e Centro de Interpretación 'Montrerroso a vila das feiras' abrirá os días 1 de cada mes, coincidindo coa feira local, en horario de 11:00 a 13:00 horas para quen queira achegarse.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page