"A iniciativa presentada por Ariadna Fernández volveu a poñer en evidencia a política do PP de facer negocio cos nosos maiores", sinala o Bloque
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín lamenta que a solicitude de información a través dunha iniciativa
parlamentar presentada pola concelleira e deputada do BNG lalinense Ariadna Fernández
á Consellería de Política Social sobre a construción dun centro de día público en Lalín,
promesa que se fixera xa no ano 2010, obtivo como resposta que "das 70 prazas de
centros de día que se ofrecen no concello, 40 delas son financiadas pola Xunta de Galiza,
dato algo que non cubre en absoluto ás necesidades que temos os e as lalinenses, e que
o único que amosa é o modelo do PP de facer negocio cos nosos maiores. Non se fala,
nesa resposta por parte da Consellería da que e responsable Fabiola García, da
construción do centro de día que se leva anos solicitando por parte dos nacionalistas a
través de distintas iniciativas e das emendas aos orzamenos autonómicos e que levan os
mesmos anos rexeitándose".
O centro de día polo que o BNG leva loitando todos estes anos sería susceptible de ser
usado por o 25 % da poboación lalinense, "unha cifra que non é menor se pensamos en
todas aquelas familias que carecen de conciliación ou que precisan de axuda para o
coidado e atención dos seus seres queridos cando non son capaces eles sós".
A maiores, a nacionalista cita ao servizo de axuda no fogar, máis coñecido como SAF
que, en Lalín, "xa ten dado lugar a problemas graves tanto para as traballadoras, a maioría delas mulleres en condicións de traballo precarias, coma para os usuarios, que sofren
listas de agarda de meses para ser valorados e logo para que lles sexa asignada unha
coidadora. Tanto é así, que nestas últimas semanas, dende o Bloque Nacionalista de
Lalín recibíronse queixas de familiares de persoas que faleceron agardando a ser
valorados para o uso dun servizo moi sensible por o colectivo que é suceptible de
precisalo".
Publicidade
Dende o BNG consideran "inadmisible este agravio con Lalín e reclaman o que é de
xustiza para un concello de 20.000 habitantes, o único da súa categoría que non ten
centro de día público, algo que non fai máis que agravar a situación que vive a xente que
precisa dese servizo e as súas familias, sen que dende o goberno do Concello de Lalín se
movan fichas para que esta situación de desleixo por parte da Xunta de Galiza se revirta".
Comments