BNG de Dozón: "O Plan Básico Municipal pendente de aprobar é un fracaso dun goberno do PP"
- ecosdacomarca

- 1 oct
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
O BNG en Dozón entende que o Plan Básico Municipal pendente de aprobar "é un fracaso dun goberno do PP que, despois de décadas, non foi capaz de aprobar un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) propio, elaborado desde Dozón, debatido coa veciñanza e os seus axentes sociais, adaptado e pensado para a realidade deste concello e con perspectivas de dar futuro. Pese a ter iniciado anos atrás e redactado un mal PXOM o mesmo grupo do PP de Dozón nunca foi capaz de emprender e chegar realmente a presentar".

Agora, e promovido pola Xunta, sinala, "elabórase desde fóra do concello outro plan básico co que o alcalde pretende evadir un PXOM. Este é un exemplo claro das políticas do PP, que escapan da toma de decisións que poidan suscitar un debate social, tendo como fin só perpetuar o poder, lastrando o presente e futuro dos concellos que gobernan e botando balóns fóra como se non tivera importancia. Delegaron elaborar un plan base onde a veciñanza só puido presentar alegacións, sen participar na toma de decisións, a cal pasa directamente á Xunta de Galiza".
Resalta o Bloque, que "a ordenación do territorio de un concello rural coma Dozón, con alto potencial agropecuario en parroquias concretas; en tanto en canto outras están en claro retroceso demográfico e con aldeas deshabitadas, sen apenas desenvolvemento de procesos de concentración parcelaria, sempre debería ser competencia da institución máis próxima á veciñanza, é dicir, o Concello e poder así permitir trazar estratexias conxuntas e consensuadas directamente sen faltar á sensibilidade e propostas dos seus habitantes".
Publicidade
Mario Vila López, responsable do BNG en Dozón, recalca que un plan desta envergadura precisa moita transparencia e información á veciñanza; proximidade e concreción, adaptado á realidade de Dozón "e non plasmar un calco sen acoller cada unha das peculiaridades e singularidades do municipio. Quedan fóra horizontes esenciais, no se atopa ningunha proxección que se adapte á necesidade real das actividades potenciais e que alberga a localidade. O grupo de goberno do PP, encabezado por Adolfo Campos, seguen ausentes, esperando unha vez máis por directrices alleas a entidade municipal e centrados en manter un escurantismo e a falla de información, sen explicar as características e consecuencias que este plan poida provocar. Actúan de costas á poboación que representan e supostamente aparentan defender. A carga das dificultades e problemas que poidan derivar dos plans así creados, encaixados sen reparar nas consecuencias da súa implantación, correrán por conta da cidadanía sen que o actual rexedor se implique en atender".







Comentarios