top of page

BNG, AxA e PSOE gobernarán en coalición en Arzúa “poñendo por diante o interese xeral da veciñanza"

As tres formacións veñen de asinar o acordo de goberno co que este Concello “contará cun goberno de progreso, estable e forte para os vindeiros catro anos”


Laura Moure/Arzúa

O BNG, Alternativa por Arzúa e o PSOE veñen de facer público os detalles do acordo de goberno acadado entre as tres organizacións políticas para a composición do goberno local do Concello de Arzúa durante o mandato que vén de comezar. “Trátase dun acordo estabelecido sobre os principios de igualdade, lealdade, honestidade, colaboración e cooperación institucional”, sinala o alcalde de Arzúa, o nacionalista Xoán Xesús Carril.

ree

Os grupos que componen a coalición explican dar, así, “resposta ao mandato da veciñanza nas urnas o pasado 28 de maio, ao non darlle a ningunha forza política a maioría absoluta”. Ao fío desto, sosteñen que “é un acordo froito do diálogo para darlle a Arzúa un goberno de progreso estable e forte, defensor absoluto do interese público, da xestións limpa, transparente e participativa, e do trato en igualdade a todas as veciñas e veciños do noso Concello”.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Distribución de áreas

En base ao acordo feito público, corresponde ao BNG, ademais da Alcaldía durante os próximos catro anos, as concellarías de: Urbanismo, Obras e Servizos, Medio Ambiente e Benestar animal, Deportes, Igualdade, Xuventude e Infancia, Normalización Lingüística e Patrimonio, Participación Veciñal e Transparencia, Persoal e réxime interno e Facenda e Contratación.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola súa banda, Alternativa por Arzúa asume as concellarías de: Cultura e Educación, Servizos Sociais e Terceira Idade e Atención ás Parroquias.

Por último, será a edil do PSOE, Begoña Balado, a que detentará as concellarías de: Turismo, Promoción económica, comercio e consumo, e Acción Urbana.

Así mesmo, Alternativa por Arzúa obstentará a Primeira Tenencia de Alcaldía e o PSOE a segunda.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os portavoces do BNG, Xoán Xesús Carril, de AxA, José Luís García, e a portavoz do PSOE, Begoña Balado, asinaron este documento en representación das súas formacións políticas e manifestaron a súa vontade de “colaboración honesta, leal, transparente e comprometida co interese xeral da veciñanza de Arzúa. Unha colaboración que permitirá o comezo dun tempo novo no noso Concello, cun goberno municipal representado de maneira proporcional ao mandato que a veciñanza arzuá deu nas urnas, e que terá como piares básicos a unidade, a lealdade e a confianza mutu entre as forzas que o compoñen”, concluíron.







Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page