"Así o deu a coñecer o goberno mediante a resposta parlamentar á iniciativa presentada polo BNG na que se solicitaba a súa creación", explica o Bloque
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG sinala que esta pasada semana recibiron a resposta a unha das primeiras iniciativas que se presentaron enfocadas na comarca de Deza-Tabeirós durante esta presente lexislatura en relación a un centro de día en Lalín. Nela, o grupo nacionalista, trasladaba antes do verán ao Parlamento Galego a súa preocupación pola necesidade dun centro de día na vila lalinense, que prestaría un servizo básico de conciliación para moitas familias e moitos usuarios e usuarias nun concello que, como ven de confirmar o Consello de Contas no seu presente informe, está situado nunha comarca onde a crise demográfica é severa. Foi este propio órgano quen achacou recentemente que parte dos problemas de despoboación en concellos inminentemente rurais á falla evidente de servizos nestas áreas.

"Un destes servizos básicos é o dos coidados cara as nosas persoas maiores, que en Lalín ten graves eivas, primeiro pola inexistencia dunha residencia de maiores de carácter público e deste mesmo xeito pola falla do tan preciso centro de día para dar resposta a todas aquelas usuarias e usuarios que necesitan destas atencións na súa vida diaria", subliña o BNG.
“No canto de dar resposta á petición de xestionar a construción dun centro de día público para o que se deran xa pasos importantes no 2008 e no que o propio Concello aportara a localización e que quedou en palabras baleiras por parte da Xunta cando o PP volveu a San Caetano, o goberno empraza aos lalinenses a solicitar prazas de centro de día en centros privados situados no concello, sen disimular xa súa deriva privatizadora, coa que non lles importa minguar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Lalín” declara Ariadna Fernández que asegura non sentirse sorprendida xa que “veñen de votar sistematicamente en contra das emendas aos orzamentos, dentro das que estaba o necesario centro de día público de Lalín e que por suposto tamén obtivo o voto en contra
do PP.”
Publicidade
Fai apenas 7 meses, lembra o BNG, que no pleno do Concello o propio PP levou a debate o aproveitamento do antigo centro de saúde de Lalín, agora baleiro, para usalo coma un centro interxeracional, cos votos a favor da oposición. "Actualmente non parece que se
vaia sacar adiante o proxecto a xulgar pola resposta da Xunta de Galiza, ademais de negar recentemente ter intención de usalo para tal fin en sesión plenaria o propio goberno lalinense despois de levar eles mesmos a pleno esa proposta. Está claro que non están preocupados porque os nosos maiores teñan un servizo público e de calidade, que as
súas familias poidan permitirse e que lles garanta unha boa calidade de vida, tanto o goberno da Xunta coma o local teñen outros tipos de intereses que rara vez priorizan aos galegos e ás lalinenses,” remata a deputada do BNG.
Comments