O delegado do Goberno en Galicia visitou Rodeiro para coñecer de primeira man a reforma que propón impulsar o candidato con fondos europeos ao acadar a Alcaldía
Ecos da Comarca/Rodeiro
José Ramón Gómez Besteiro visitou este luns o concello de Rodeiro, dentro da axenda de precampaña despregada polo Partido dos Socialistas de Galicia, coa finalidade de primeira man o proxecto impulsado polo candidato do PSdeG á Alcaldía, José Luis Camiñas, para humanizar a rúa da Raña con financiamento dos fondos europeos.

No transcurso da visita, o tamén representante do Goberno central en Galicia asegurou que “os fondos europeos chegan e deben chegar a todos os concellos”, algo que considera esencial para a transformación económica do territorio e o progreso dos municipios galegos. Asegurou que Rodeiro non pode ser unha excepción e que todos
os proxectos para facer as vilas e cidades máis amables para as persoas, como é o caso das humanizacións, é un dos eixos estratéxicos do programa marco para as municipais do PSdeG.
Pola súa banda, o candidato local, José Luis Camiñas, reivindicou a importancia do proxecto pola súa proximidade ao campo de fútbol da Raña, onde xoga o equipo local.
No relativo á visita do propio Besteiro, considera un “orgullo”, tanto para o municipio como para a agrupación socialista de Rodeiro, a visita do Delegado do Goberno de España.
Ten altas expectativas para levar a cabo este proxecto logo do acto de presentación da
súa candidatura do pasado venres 5, o cal resaltou como “un éxito total e rotundo”, co presenza de en torno a 200 persoas. Asegura que queren facer grandes cambios na súa vila e que o acto que celebraron é “un despegue” para o inicio da campaña que “da alento a seguir con moita forza” e que notan que “sopran aires de cambio en Rodeiro”, concluíu.
Na súa visita, o que fora secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo tamén mantivo un xantar cos distintos membros da candidatura e militantes de Rodeiro, que lle manifestaron as súas expectativas positivas no relativo ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.
Comments