Berrobambán abre o vindeiro venres a programación das Letras en Silleda
- Laura Moure

- 3 may
- 2 min de lectura
Música, maxia e teatro centran a programación de maio, baixo o lema “A palabra rebelde”, na memoria de Begoña Caamaño
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda dará comezo o vindeiro xoves 8 de maio á programación das Letras Galegas 2026, cun amplo abano de propostas culturais baixo o lema “A palabra rebelde”, adicadas á figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño.

A primeira das actividades será a representación teatral “Begoña Caamaño: o transgredir das ondas”, da compañía Berrobambán, con texto de Paula Carballeira. A función, incluída no programa FalaRedes, terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa do Concello e afonda na faceta xornalística da autora e nos valores que marcaron a súa obra, como a igualdade, a liberdade de expresión ou o compromiso social.
PUBLICIDADE
Desde o Concello infórmase tamén da suspensión do obradoiro de escritura creativa “A palabra rebelde. O fanzine como ferramenta de expresión”, que estaba previsto como actividade de inicio este sábado día 2, debido a non acadarse o número mínimo de persoas inscritas. A programación continuará o día 9 coa celebración da Mostra Infantil
Xirandola, dirixida ao público máis novo, e seguirá o día 15 co espectáculo “Maxia nas Letras con Begoña Caamaño. Vitamina B e C”, de Martín Camiña, na Biblioteca Daniel Castelao.
Xornada central o 17 de maio
O Día das Letras Galegas, o domingo 17, concentrará boa parte das actividades, coa representación de “Circe ou o pracer do azul” a cargo do grupo local Enredos Teatro, así como cun concerto de Mallou na praza Siñor Afranio.
PUBLICIDADE
O programa completarase co recital “Voces de Carboeiro” o día 23 e con dúas citas xa tradicionais: a Ruada de Parada e as Tardes de Primavera da Coral Polifónica Trasdeza, o 30 de maio.
Con esta proposta, o Concello de Silleda súmase á celebración das Letras Galegas cunha programación variada, aberta á veciñanza e pensada para todos os públicos.








Comentarios