top of page

Beltrán Rivas representará ao Club Atletismo Deza no Campionato de España Sub16

A proba terá lugar en Lleida o domingo e poderá seguirse a través do streaming da Federación


Ecos da Comarca/Deza

O atleta lalinense Beltrán Rivas participa no campionato de España Sub16, na proba de salto de altura, que terá lugar en Lleida durante toda a fin de semana. A súa proba, en concreto, celebrarase o domingo ás 10:20 horas e poderá seguirse a través do streaming da Federación. Dende o Club Atletismo Deza indican que publicarán nas súas redes sociais a ligazón para todas as persoas que queiran seguilo.

Rivas é a primeira vez que participa nesta proba e compite cos deportistas nados no 2010 e 2009, formando parte dos máis novos (11 nados en 2009 e 4 nados en 2010). Á proba asiste cunha marca de 1,79 metros, sendo a oitava mellor marca do Campionato. O atleta foi campión galego tanto en pista cuberta como aire libre en salto de altura, e tamén participou no Campionato de España en pista cuberta no pasado mes de marzo, no cal acadara a cuarta posición.


Cabe puntualizar que nos últimos meses estivo adestrando entre ás instalacións de Ordes e Pontevedra, e dende o Club agradécenlle a ambos Clubs que lles facilitasen as instalacións “posto que senón sería inviable participar na proba de Lleida en boas condicións”.

Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O deportista, que nesta ocasión estará acompañado polo adestrador Pepe Domínguez, xa

participou o pasado ano noutra disciplina e na categoría Sub14. E dende o Club mostran o seu orgullo e danlle toda a forza para que acade o mellor resultado posible, “para nós xa é unha honra que chegue a participar noutra proba a nivel nacional e, independentemente do resultado, é maior mérito cando en Lalín non pode adestrar esta proba en boas condicións”.


Concentración en Suecia

Á volta do Campionato visitará Suecia xunto co compañeiro Breogán García, onde se atopa o adestrador Nacho Castro por motivos laborais. Participarán nunha concentración deportiva e estarán durante unha semana realizando diferentes probas deportivas no país nórdico.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page