top of page

Beltrán Rivas logra dúas marcas persoais no Campionato de España individual na categoría Sub 14

Ecos da Comarca/Deza

O atleta lalinense do Club Escola Atletismo Deza Beltrán Rivas rematou onte as probas do

Campionato Nacional individual da categoría Sub14. Durante toda a fin de semana, o

deportista participou en tres probas, nas que conseguiu dúas marcas persoais.

O sábado, competiu en 80 metros valados, no que acadou un tempo de 15,35”, unha gran

marca, e tamén en salto de lonxitude, onde alcanzou os 4,66 metros. Nesta dúas probas obtivo marca persoal. O domingo, fixo o salto de altura no que chegou aos 1,33 metros.

Tras finalizar as tres competicións, chegou ao posto 32, pero cabe destacar que era dos máis pequenos da categoría, xa que ten tan só 12 anos. Desde o Club móstranse satisfeitos polos resultados logrados nesta proba nacional, ademais recalcan que "é un orgullo volver a competir a este nivel, despois de tantos anos. Así mesmo, agardamos volver a repetir con este ou outros atletas proximamente".


Competicións para esta fin de semana

Este fin de semana o clube volverá ter diversas competicións nas que estarán presentes. "O sábado, temos Campionato Provincial individual en Sub10 e Sub12 e combinadas Sub14 en Pontevedra. E o domingo, Campionato Galego individual Sub10, Sub12 e Sub14 en Lugo".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page