top of page

Belén do Campo e a alcaldesa de Boimorto analizan os distintos proxectos para este municipio

A delegada da Xunta destacou os máis de 167.000 euros aprobados, no 2025, pola dirección xeral de Administración Local para mellorar a eficiencia enerxética da Casa da Cultura o do ximnasio municipal


Laura Moure/Boimorto

A delegada da Xunta, Belén do Campo, mantivo o martes un encontro de traballo coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, no que abordaron os distintos proxectos e axudas comprometidas polo Goberno galego este ano neste municipio.

Concretamente, a rexedora informoulle que está en execución a mellora da eficiencia enerxética do ximnasio municipal que conta cunha axuda, de máis de 47.000 euros, do Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local, e en proceso de licitación a mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura que conta cun apoio de case 120.000 euros, da orde de Eficiencia Enerxética dos fondos FEDER 25-26, ambas suman un total de máis 167.000 euros da Dirección Xeral de Administración Local. 


Ademais, a alcaldesa destacou a gran utilidade do Plan Camiña Rural, 25-26 a través do cal a Xunta aporta case 66.000 euros para levar a cabo a mellora dos seus camiños municipais. Belén do Campo sinalou que “os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio, reforzan o tecido social e contribúen a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamizan o tecido produtivo e fixan poboación”. Neste senso, a delegada tamén subliñou a colaboración deste Concello na prevención e loita contra os incendios forestais xa que están adheridos ao convenio coa Consellería de Medio Rural para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais 25-26 que conta cun orzamento bianual de máis de 151.000 euros.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Na reunión tamén  tiveron ocasión de abordar o bo ritmo ao que avanzan as obras de ampliación da residencia de maiores, financiadas con máis de 500.000 euros polo Goberno galego a través dos fondos europeos del Mecanismo de Recuperación, Transformación e Resilencia (MRR). Con esta inversión, este centro contará con 14 novas prazas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Belén do Campo destacou a importancia de manter un diálogo continuo cos representantes das administracións locais e de coñecer de primeira man as súas necesidades para, desta forma, acertar coas iniciativas que vaian en beneficio dos cidadáns.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page