A delegada da Xunta avaliou co alcalde as aportacións da Xunta que serven para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas
Ecos da Comarca/Santiso
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitao este mércores o concello de Santiso e salientou alí o investimento de máis de 122.000 euros para varias intervencións ao amparo do Plan Marco de Mellora de camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas.

O Plan Marco, está dotado en Galicia con case 19,5 millóns de euros para 2024 e 2025, o que supón o orzamento máis alto dende 2017. En concreto, no marco desta convocatoria, están previstas actuacións en Santiso de case 62.000 euros para dúas actuacións no camiño a Cimadevila (Liñares) e na mellora do viario de Amboaxe en Ribadulla. Un investimento que se une ao realizado o ano pasado de máis de máis de 60.000 euros que permitiu a pavimentación do camiño Barral a Penaposta na parroquia de Santa María de Santiso e do camiño a Vilar da Vella e ramal de Visantoña. A delegada da Xunta informou que na comarca de Santiago recibiron, este ano, estas axudas 22 concellos por un importe total de máis de 1,4 millóns de euros e na provincia da Coruña recibiron estes apoios 83 concellos por un importe de 5,2 millóns de euros.
Estes apoios promoven a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas co fin último de aumentar a competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.
Publicidade
Durante o período 2016-2024 contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo a mellora de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais e a provincia da Coruña foi a que máis importe económico recibiu desta iniciativa na etapa mencionada, superando os 40 millóns de euros, e polo tanto, na que máis actuacións se produciron.
A delegada engadiu que a través de iniciativas coma esta, “a Xunta mantén o compromiso coa promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego”. O Plan Marco ten unha traxectoria que se remonta a 2013. En cada convocatoria do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas repártense entre os 313 concellos os fondos dispoñibles e corresponde a cada un deles a elección dos camiños sobre os que se considera preciso actuar, así como o proxecto de obra de ampliación, mellora ou mantemento. Ademais, estes están obrigados a contratar un servizo externo de control de calidade das obras executadas.
Comments