top of page

Belén do Campo destaca os máis de 1,1 M€ en 19 concellos da comarca da Coruña entre eles Sobrado

Contou cunha dotación orzamentaria en Galicia de máis de 130 millóns de euros no período 2016-2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas


Laura Moure/Sobrado

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Aranga, Alberto Platas e a directora territorial da consellería de medio rural na Coruña, Nieves Mancebo, visitou onte esta localidade e salientou alí o investimento do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con case 19,5 millóns de euros para 2024 e 2025, o que supón o orzamento máis alto dende 2017. En concreto, no marco desta convocatoria, está prevista unha actuación no concello de Aranga de 77.729,00€ para a mellora de pavimentación no camiño do Toxiño. Tamén falou de inversións noutros concellos, como en Sobrado.

O financiamento faise con fondos Feader, con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 e son subvencionables camiños de acceso a núcleos rurais de poboación. A delegada da Xunta informou que na comarca da Coruña e Betanzos recibirán estas axudas 19 concellos por un importe total de máis de 1,1 millón de euros. Na visita, a delegada comprobou a actuación realizada, o ano pasado, con estas mesmas axudas, dunha actuación de mellora de acceso nos núcleos de Baltar e Xocín cunha axuda de 77.458,00 euros por parte do Goberno autonómico.


O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural xa que o fortalecemento das infraestruturas facilita a accesibilidade e vertebración do territorio, reforza o tecido social, contribúe a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamiza o tecido produtivo e fixa a poboación. Así, estas axudas promoven a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños que forman parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación. Nesta liña, o Plan de mellora de camiños permite garantir e potenciar o tránsito de vehículos e maquinaria.


Durante o período 2016-2024 contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo a mellora de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais e a provincia da Coruña foi a que máis importe económico recibiu desta iniciativa na etapa mencionada, superando os 40 millóns de euros, e polo tanto, na que máis actuacións se produciron.


A delegada engadiu que a través de iniciativas coma esta, “a Xunta mantén o compromiso coa promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego”. O Plan de mellora de camiños rurais ten unha traxectoria que se remonta a 2013 e este ano, por primeira vez, compleméntase co Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria finalizadas, dotado con 6 millóns de euros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En cada convocatoria do Plan de mellora de camiños rurais repártense entre os 313 concellos os fondos dispoñibles e corresponde a cada un deles a elección dos camiños sobre os que se considera preciso actuar, así como o proxecto de obra de ampliación, mellora ou mantemento. Ademais, estes están obrigados a contratar un servizo externo de control de calidade das obras executadas.


No caso de Sobrado destinan 77.372,13 € para a mellora dun vial en Costoia, outro en A Laxe-Santó e outro en Vilasuso.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page