top of page

Begoña Vázquez López formará parte da lista do PSOE de Rodeiro para as vindeiras eleccións

Laura Moure/Rodeiro

O candidato socialista á Alcaldía de Rodeiro, José Luis Camiñas, anuncia que Begoña Vázquez López formará parte da súa lista para as vindeiras eleccións municipais.

"Como non podía ser doutra maneira, Begoña Vázquez López, de 37 anos e natural de Cristimil, será un piar fundamental da nosa candidatura. Begoña, que ten experiencia na xestión municipal porque xa foi concelleira de Servizo Sociais, é unha política de raza; das que teñen paixón polo traballo a prol dos veciños e das que sempre están para arrimar o ombreiro".


Diplomada en Ciencias Empresariais, dende hai dous anos é técnica administrativa na oficina de Unións Agrarias, é dicir, está en contacto a diario coas necesidades e problemas do sector primario, ao que sabe escoitar e atender, tal e como indica Camiñas.

"Nai de dous cativos e traballadora, é perfectamente consciente do difícil que resulta conciliar e das trabas que seguen tendo as mulleres no mercado laboral. A súa experiencia política, a súa formación académica e, sobre todo, a súa calidade humana convértena no mellor valor para confiarlle tarefas fundamentais de goberno como son os servizos sociais ou a economía. Impulsora das axudas á natalidade durante a súa etapa de concelleira, desexa que Rodeiro volva ter unha xestión que poña ás persoas no centro e que posibilite que máis veciños aposten por quedar a vivir aquí".


Así mismo, recalca que " Begoña é tamén desas tantas veciñas e veciños que, aínda que traballa en Rodeiro e está totalmente vencellada á súa terra, onde adoita pasar as fins de semana, tivo que marchar vivir a Lalín porque en Rodeiro non tiña posibilidade de mercar vivenda. Así que é moi consciente das necesidade que hai de contar con inmobles en Rodeiro para asentar poboación, e nun futuro próximo ela e a súa familia queren volver durmir en Rodeiro. É para min unha honra ter a Begoña ao meu carón. Muller forte, estupenda nai e gran traballadora, conta con toda a miña confianza e admiración".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page