Recoñecen a profesionalidade e a capacidade de iniciativa empresarial das mulleres de Lalín, promovendo a igualdade de oportunidades e servindo de exemplo para novas xeracións
Laura Moure/Lalín
O Concello de Lalín deu a coñecer ás gañadoras do Premio ás Mulleres 'Dna. Maruja Gutiérrez' 2025. Elas son Beatriz Rodríguez, María Jesús Vilanova e Olalla Garra.
Este ano cumprirase a 19ª edición duns galardóns que recoñecen a profesionalidade e a capacidade de iniciativa empresarial das mulleres de Lalín, promovendo a igualdade de oportunidades e servindo de exemplo para as novas xeracións.

Deste xeito, as premiadas por categorías son:
Premio Xove Empresaria: Beatriz Rodríguez Varela (Aer): Impulsora dunha granxa ecolóxica e rexenerativa que promove a vida no rural e a produción sostible.
Premio Toda unha vida: María Jesús Vilanova Torres (Bazar-Droguería Agra): Referente no comercio local, con máis de 30 anos de dedicación ao sector e compromiso co mundo rural.
Premio Mulleres en movemento: Olalla Garra Crespo (Deseñadora e ilustradora): Creadora incansable no ámbito do deseño, a moda e a ilustración, cunha traxectoria que combina arte e artesanía
A entrega de premios será o sábado 8 de marzo ás 20:30 horas no vestíbulo do Concello, dentro dos actos do #8M Día Internacional da Muller.
Kommentare