top of page

Bandeira, o xoves 11, e Silleda, o venres 12, acollerán os últimos repartos de kits e chaves para o contedor marrón

Tamén poderá facerse co seu kit a veciñanza do rural que queira achegar o seu lixo ao núcleo urbano


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda implantará o xoves 11 e o venres 12 de abril os dous últimos puntos informativos para darlle a coñecer á veciñanza o novo sistema de recollida de residuos orgánicos. As persoas interesadas poderán recoller nestes mesmos puntos o kit e a chave para abrir o contedor marrón de residuos orgánicos.

Seguindo a normativa europea, Silleda dispón dende o 1 de xaneiro deste ano de novos

contedores de cor marróns para residuos orgánicos, que se suman aos xa existentes de

envases (amarelos), papel e cartón (azuis), vidro (verdes) e resto de lixo (grises). Estes

contedores marróns son os que dispoñen dunha pechadura para a cal é precisa a chave.

O Concello de Silleda, conscente de que unha recollida de lixo máis eficiente grazas á

separación de residuos contribúe á reciclaxe e minimiza o impacto ambiental, desenvolveu nestes últimos meses unha intensa campaña de sensibilización entre a veciñanza para dar a coñecer os contedores marróns e o novo sistema de recollida de lixo. A tal efecto, instalou puntos informativos, programou charlas e visitas a domicilios e comercios, impulsou obradoiros nas escolas e intensificou as campañas de compostaxe no rural, accións todas elas que se uniron ao reparto de kits e chaves para fomentar o uso dos novos contedores.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No marco desta campaña, Bandeira, o xoves 11, e a praza do Concello de Silleda, o venres 12, serán os dous últimos lugares nos que se instalarán puntos informativos. Neles, a veciñanza disporá dunha nova oportunidade para facerse cos kits, compostos dun cubo e folletos, que facilitan o uso do contedor marrón. Ademais, nesta ocasión tamén poderán

solicitar o seu kit os habitantes do rural que, aínda que non dispoñen de contedor marrón, están dispostos a achegar os seus residuos a algún dos existentes nos núcleos urbanos.

Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page