Ecos da Comarca/Arzúa

Os bombeiros manteñen baixo control un incendio declarado nun silo de pacas en Arzúa.
Por fortuna, ninguén resultou afectado, e as labores de extinción permiten asegurar a nave de pensos lindeira.
Arredor das 17:30 horas desta tarde, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de persoas que alertaban dun incendio nunha nave pegada á N-547. Realmente, tratábase dun silo lindeiro no que traballan arestora os Bombeiros de Arzúa xunto cos compañeiros de Ordes e os membros do GES de Curtis.
Segundo explicaron, a situación está controlada e sen feridos, aínda que as tarefas de extinción poden demorarse algunhas horas máis.
Comments