top of page

Búscase a Tito, un can perdido o pasado 15 de xaneiro en Donramiro, no municipio de Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ofrecen 300 euros a quen o atope vivo e en boas condicións

Este é Tito.


Laura Moure/Lalín

A lalinense Alba Louzao leva máis dun mes desesperada porque o seu canciño Tito desapareceu. Falta desde o pasado 15 de xaneiro e só aqueles que saben o que é quererlle a unha mascota, sabe o que isto significa. Eles viven nunha aldea chamada Trascastro, na parroquia de Donramiro, a dous quilómetros de Lalín. A súa dona ofrece unha recompensa de 300 euros a quen o atope vivo e en boas condicións.


"Dende ese momento a vida cámbiache por completo. Pegas carteis, déixalos nos buzóns, chamas a todos lados: veciños, empresas, protectoras, etc, etc, pero o teu nené segue sen aparecer", conta Louzao. As redes sociais están sendo unha gran axuda para ver se se consegue algunha pista que axuden a saber do seu paradoiro. "A difusión por redes sociais é unha peza fundamental que me axudou a ter moitas chamadas dándome pistas sobre a súa busca. As zonas das que recibín máis información foron: Anzo, Busto, Filgueiroa, Lalín e Penela, pero todo isto polo de agora non o trouxo ao meu carón", comenta. Todas estes son lugares de Lalín.


Tito está enfermo e necesita medicación urxente. Se sabedes algo del ou tedes algunha pista de onde pode estar por favor contactade cos números de teléfono 605 915 082 ou 606 331 672. Alba está desexando volver abrazar ao seu canciño, polo que canta máis difusión se faga moito mellor.


Preme no vídeo para escoitar o chamamento da súa dona. Tamén o podedes compartir para contribuír na súa busca.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page