Ecos da Comarca/Lalín
O colectivo Azos Feministas de Lalín denuncia publicamente a través das súas redes sosicias "unha situación de acoso sexual que sufriu unha rapaza en Lalín".

En concreto, publica a mensaxe que lles chegou:
"O meu nome é Carmen. Pertenezo a Asociación de Azos é como muller, nai, filla, tía, sobriña, irmá, prima, amiga e persoa transmito o “medo” que pasou esta semana, unha moza, dende o seu posto de traballo, na Praza da Vila (Lalín).
Relato o que me pasou o luns.
Onte ó finalizar a última actividade ás 21:30 pasadas, as chicas marcharon da sala mentres eu me dispoñía a pasar a fregona. Mentres o facía percateime dun chico sentado nas gradas do pequeno palco da orquestra do parque, mirando fixamente cara a min... dígoo porque me parei a fixarme de algo extrano. Estábase masturbando en pleno parque sen vergoña algunha.
Sabendo que eu o miraba o chico non paraba polo que collín o teléfono e chamei á policía local. Eles mantivéronse ó teléfono porque non podían acudir á emerxencia e dixéronme que se non marchaba de alí volvera chamar ou que se o prefería me quedara ó teléfono...
Eu falaba por teléfono mirando fixamente ó chico e facéndolle saber que chamaba á policía, incluso a voces.
Pero vexo que se levanta cara o estudo e é agora cando algo máis nerviosa me dou a volta un segundo... pensando en que facer, cando miro, xa cambia de dirección... queda parado na escaleira preto da igrexa ó lado do parque... despois duns cinco minutos ou así...
Vendo que non se move máis, decido saír co teléfono en man e vixiando en todo momento a situación.
Con isto quero dicir que Lalín non é seguro... hai unha chea de acosadores e eu sei como actuar e como defenderme (ou iso penso, o cal non me quita o medo do corpo, feito que nin debería sentir), pero non me quero imaxinar miñas primas adolescentes nesa situación, ou que a miña situación houbese transcurrido nun tráxico desenlace...
Non podo denunciar sen identificar ó chico.. pero poderían deixar de pasar este tipo de cousas con máis ensinanza en educación sexual... e en canto ao pobo, patrullas a pé ou preocupación por parte da Policía que recibe chamadas coma a miña concienciando á cidadanía e avisando do que está a acontecer...
Grazas por ler, penso que está ben compartilo!"
Ante isto, Azos Feministas pregúntase: "Ata cando imos ter que saír á rúa con medo? O acoso sexual e a intimidación en espazos públicos son un problema ao que as mulleres nos temos que enfrontar día tras día. Isto sucede nas rúas, nos parques, no transporte público, nas escolas, nos lugares de traballo, nos establecementos de ocio, etc... E ten como consecuencia a redución da nosa liberdade, limita a nosa participación na educación, no traballo e nas actividades de ocio. E é por isto polo que debemos seguir ó pé da loita feminista, para traballar na creación de espazos seguros, para educar na igualdade e eliminar os roles de xénero, para que se deixe de ver ás mulleres como simple obxectos sexuais e para que poidamos, por fin, saír á rúa sen ter medo", recalca.
Comments