top of page

Azos Feministas convoca unha manifestación nas rúas de Lalín este 8M

Desde a organización lamentan que "haxa programadas outras actividades en horario coincidente coa manifestación e solicitan que as institucións públicas coiden o 8M"


Laura Moure/Lalín

Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, a asociación Azos Feministas de Lalín convoca a toda a veciñanza e sociedade organizada a participar este venres na manifestación do 8 de marzo (8M). Arrincarase ás 20:00 desde o KM Cero, farase un percorrido polas principais rúas da vila e rematarase de novo xunto á Praza da Igrexa para dar lectura ao manifesto feminista do 8M.  

"No que vai de 2024, os datos oficiais recollen 3 mulleres asasinadas no estado español, mais fontes alternativas identifican ata 12 casos. Tras as cifras de mulleres asasinadas, un sistema patriarcal continúa permitindo e normalizando outros tipos de violencia que atravesan o noso día a día, que van desde os "chistes" machistas ata agresións de distinto grao no eido público e privado, que xeran desigualdades reflectidas nos planos económico, político, afectivo-sexual..." Por iso, desde Azos Feministas pídese máxima asistencia á manifestación deste venres 8 de marzo para defender e esixir melloras urxentes no tocante ao cumprimento dos dereitos de todas as mulleres.


Publicidade

Desde a organización lamentan que "haxa programadas para este venres outras actividades en horario coincidente coa manifestación" e solicitan que "as institucións públicas coiden o 8M como unha xornada para saír ás rúas polos dereitos das mulleres, evitando contra-programación que reste visibilidade á causa común".


Publicidade

Encabezará a manifestación a batukada da organización, situándose en primeiro lugar as compañeiras e mulleres afíns a Azos Feministas, seguidas de mulleres de outras asociacións e mulleres a título particular, pechando a manifestación homes e persoas participantes de sindicatos e partidos políticos. Crianzas serán benvidas ao longo de todo o percorrido. Anímase á cidadanía a asistir e unirse traendo instrumentos que sumen ruído e percusión aos berros e cantigas que se lanzarán na manifestación.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page