top of page

Azos Feministas convoca unha concentración e encontros con mulleres do rural

Laura Moure/Lalín

O colectivo Azos Feministas de Lalín levará a cabo nos vindeiros días distintas actividades. Entre estas destaca un encontro con mulleres do rural e unha concentración.

Desta maneira, a asociación terá unha serie de reunións con mulleres do rural baixo a iniciativa que leva por nome Cafés de Pota. Serán espazos de encontro, conversa e coidado entre mulleres do rural lalinense. O primeiro deles será o 26 deste mes na parroquia da Xesta. A cita será no local social ás 16:30 horas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

E o día anterior, o 25, xornada na que se conmemora o Día da Eliminación da Violencia de Xénero, convoca unha concentración en repulsa desta lacra. Será na Praza da Igrexa ás 20:30 horas.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page