top of page

Azos Feministas convoca para esta tarde unha concentración en Lalín polo asasinato de Ana Serén

Ecos da Comarca/Lalín

Azos Feministas convida á cidadanía a mobilizarse hoxe, luns, como resposta ó feminicidio de Ana Vanessa Serén Penas o pasado sábado a mans da súa exparella, un Garda Civil sobre o que recaía unha orde de afastamento á víctima. O crime tivo lugar en Oia (Pontevedra).

"Seguiremos berrando polas que faltan, ata que non falte ningunha! Contra a violencia machista, nin un paso atrás!", recalca o colectivo lalinense.

A concentración será este luns, 5 de xuño, ás 20:30 horas no KM0 de Lalín.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page