top of page

Axudas para exención do canon da auga e coeficiente de vertido para os locais de restauración e ocio

Optan a elas os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares, salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo, furanchos, hoteis e aloxamentos turísticos, balnearios e os albergues turísticos

Laura Moure

A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se establece o modelo de solicitude das exencións no canon da auga e coeficiente de vertido a aqueles sectores económicos afectados na súa actividade pola evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria derivada da Covid-19, como son os establecementos de restauración e ocio.


A resolución recolle a disposición da Lei de medidas fiscais e administrativas dos Presupostos da Xunta para o ano 2021, que establece os requisitos para poder obter dita exención, que debe tramitarse previa solicitude do interesado. A información sobre esta medida de apoio da Xunta aos sectores máis afectados, e o modelo normalizado de solicitude de exención do canon da auga e coeficiente de vertido inclúese no anexo da resolución publicada hoxe no DOG: https://xurl.es/Augas de Galicia


Poderán acceder á exención de pago do canon da auga ou do coeficiente de vertido os titulares de auga dos establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares; de ocio e entretenemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos; así como os hoteis e aloxamentos turísticos, balnearios e os albergues turísticos.


A exención do pago será de aplicación sempre que estes establecementos disminuíran significativamente a súa actividade durante a vixencia da mesma. A disposición fixa que os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25% do consumo realizado no periodo de facturación inmediatamente anterior a 5 de novembro. Poderán tamén acceder a estas exencións no caso dos rexistros de aloxamentos, dos servizos efectivamente realizados ou do consumo eléctrico nos que se desprenda unha merma da actividade de, polo menos, o 75%.


A exención do pago do canon da auga ou do coeficiente de vertido dos consumos de auga aplicarase aos periodos de facturación comprendidos entre o 5 de novembro de 2020 e ata a data na que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page